TEDxXardíndoPosío terá lugar o 30 de Novembro do 2019 no Auditorio Municipal de Ourense

O calentamento global, a intelixencia artificial, a educación do futuro, entender o autismo ou como loitar contra graves problemas de saúde son algúns dos temas a tratar.

Hoxe tivo lugar a presentación da primeira edición de TEDxXardíndoPosío, un evento cultural que busca poñer en valor o noso, ademáis de aprender do de fóra por medio de 15 intervencións de 10 minutos.

David Martínez (CEO) y Dani Diéguez (Licenciatario y organizador)

Este encontro terá lugar o 30 de novembro no Auditorio Municipal de Ourense, acollendo a 15 mentes inquietas procedentes do mundo da tecnoloxía, da educación, do social, da innovación, da ciencia… Como curiosidade, cabe destacar que a maioría dos relatores son galegos e galegas repartidas por catro continentes.

O tema central que exercerá como fío condutor desta primeira edición será “Comprender, Solucionar, Namorar”. Búscase reflexionar sobre a importancia de entender que é o que realmente está pasando ao noso redor, para así poder aportar solución máis eficientes aos desafíos existentes, contaxiando ao resto da enerxía e actitude necesaria para crear un mundo mellor para todos.

TEDxXardíndoPosío abrirá as súas portas o sábado ás 14:00h para facilitar as acreditacións os asistentes, tendo previsto o inicio das charlas ás 15:30h. Estímase que finalizará en torno ás 22:30h, tras dúas pausas/café.

Despois do TEDx organizarase un post-evento nun restaurante cercano. Esto inclúe un cóctel e varias dinámicas para impulsar o networking entre relatores, organizadores e os participantes con máis ganas de interactuar. O acceso será limitado cunha entrada especial.

Na web do evento, www.tedxxardindoposio.com, tanto nas redes sociais, irase informando sobre as saídas da venta das primeiras entradas, para que os compradores máis rápidos poidan adquirir un importante desconto de máis do 50%. Nas próximas semanas tamén se irán desvelando os relatores, os cales de seguro non deixarán a ninguén indiferente.

Por que TEDxXardíndoPosío

TEDxXardíndoPosío surxe como resposta ás necesidades pola parte da cidadanía e do propio empresariado de ter que realizar importantes cambios que nos permitan afrontar con garantías os convulsos tempos nos que vivimos. Nesta línea, TEDxXardíndoPosío, márcase como obxetivo a recuperazión desa actitude inquieta que levou, da man da Xeración Nós, que Ourense se convertese en toda unha referencia intelectual a nivel nacional.

Ademais, esta conferencia xerará importantes beneficios para a cidade, posto que facilitará a chegada de 200-300 persoas doutras localidades galegas, portuguesas e casteláns, o que implicará un elevo no número de pernoctaciones, así como consumo en locais de hostalaría e comercio local.

Cabe destacar que este evento só é posible grazas á participación desinteresada de decenas de persoas e entidades que buscan axudar a crear un futuro mellor para o territorio. No cobran nin relatores, nin organizadores, polo que as achegas de público (entradas) e partners (doazóns) son unicamente para facer fronte aos gastos que conleva organizar este evento. Os fondos sobrantes, doaranse a entidades sociais.